miércoles, 4 de enero de 2012

NADAL NA MAROLA

SEIXO BRANCO

SEIXO BRANCO, PENA ENCASTRADA
NO MAR BRAVO DOS ÁRTABROS
PRADEIRA DE GOLFO E ARGAZO
ONDE TANTAS VECES O SOL
VIU RODAR Á LÚA
SOBRE AS BRANCAS FAÍSCAS DO TEU GUME.

SEIXO ROTO, NARIS ESGUEDELLADA
BURATOS DO DEMO, PENEDOS CALVOS
RINCHANDO DE DOR E CANSAZO
CANDO A TORMENTA AMEAZA Ó TEU REDOR
ESCUMA QUE NA NOITE A ROCHA SÚA
E QUE O MAR TRAGA CON FAME DE ESTRUME















AGORA ES TI, ALBA ESPADANA
DO REINO ADOECENTE DOS BRIGANTOS
QUEN FAI GRILAR NO LEITO DOS TEUS BRAZOS
O BAFO FUMEGANTE DO TEU FOL
NESTE PUNTEIRO QUE BRÚA
POR RIBA DO TEU TEITO, FEITO LUME

ERGUEITO SOBRE ESTAS DOCES AUGAS
SEGUE TI, A RIR, POR MÁIS MIL ANOS
DOS TRUNFOS E MISERIAS DESTE POBO
HISTORIAS QUE Ó CABO NUNCA SON
TAN CRÚAS COMA ESTA PRESENZA TÚA
CIMENTO DO CEO, DOS MARES CUME

"Natureza Humana", J. Álvaro Señarís Freire

No hay comentarios:

Publicar un comentario