miércoles, 4 de enero de 2012

NON FUN UN BO SOLDADO


NON FUN UN BO SOLDADO.
NON.
EU QUERÍA SAÍR DA CASA E PODER MEDRAR.
BRILAR CON LUZ PROPIA, E FACER FAZAÑAS.
NO NOME DALGO GRANDE, NON IMPORTA QUÉ.

DIN CUN BO REXEMENTO.
DIN.
ALÍ APRENDÉRONME A AMAR A PATRIA E A ODIAR.
E RESULTEI SER MOI DESTRO COAS ARMAS.
NA LOXÍSTICA TAMÉN FUN SEMPRE DE DEZ.

EU PUXEN EMPEÑO, E CRIN TODO O QUE ME CONTARON.
CRIN.
CON APURO FIXÉRONME CABO, E CARAI!,
ATA OS DÍAS DO SANTO IBA EU DE GALA
DIANTE DOS DEMÁIS CABOS E DETRÁS DO CORONEL.

NINGUÉN O ESPERABA E CHEGOU A GUERRA.
CHEGOU!
FUN Ó FRENTE VOLUNTARIO, HABÍA QUE GAÑAR!
SE ALGO NON ME CONVENCÍA... CALABA.
E NUNCA PROTESTEI POLO QUE HABÍA PRA COMER.

MAIS UN DÍA DE XANEIRO MARCHAMOS SOBRE O INIMIGO.
MARCHAMOS.
TODOS SABIAMOS QUE HABERÍA QUE DISPARAR.
ISO ERA O QUE MENOS NOS PREOCUPABA
ESTABAMOS ENTRENADOS PARA CHEGAR, VER E VENCER.

Ó LONXE VIMOS UNS MILICIANOS.
VIMOS.
EU NON IMAXINABA QUE NADA PUIDESE FALLAR.
SORPRENDÉMOLOS CUNHA EMBOSCADA.
SABÍA O QUE DEBÍA FACER... PERO NON DISPAREI.

NON PUIDEN FACELO.
NON.
UN FRACASO DE RECLUTA, UNHA ELECCIÓN FATAL,
A VERGOÑA DO REXEMENTO, UN PERIGO NO CAMPO DE BATALLA
CONDEADO A CALABOZO UN ANO E UN MES

EXPULSADO DO CORPO.
EXPULSADO.
NINGÚN EX-COMPAÑEIRO ME QUERÍA XA FALAR
INCLUSO A MIÑA PROPIA XENTE ME REXEITABA.
NON QUERÍAN ESCOITAR NIN COMPRENDER.

UNHA DECEPCIÓN PARA TODOS
UNHA DECEPCIÓN.
POR QUE NON PODO SER EU COMA OS DEMÁIS?
UN POBRE REFUGALLO, VALE MENOS QUE NADA
UN ERRO ERRANTE, QUE NON SOUBO RESPONDER

TODO ERA TAN SINXELO,
TAN SINXELO...
QUE ME COSTABA MATAR?
QUE ME COSTABA?
JODER!

"Natureza Humana", J. Álvaro Señarís Freire

No hay comentarios:

Publicar un comentario